lunes, 31 de octubre de 2011

Educación e novas tecnoloxías

Numerosos estudos demostran que o uso nas clases de encerados dixitais, internet e ordenadores pode mellorar o ensino, crear outra dinámica pedagóxica e unha maior participación do alumnado no proceso de aprendizaxe, mellorar a autoestima do alumnado e o traballo cooperativo do profesorado. E eses mesmos estudos sinalan que a mera informatización das tarefas escolares só implica un cambio superficial na adquisición de coñecementos se detrás no hai un auténtico cambio no sistema pedagóxico e unha boa formación do profesorado nas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) nas aulas.

A utilización das TIC nas aulas esixe outra maneira de enfocar as clases, de estar nelas, de dirixir e coordinar o traballo do alumnado, de corrixir os exercicios e valorar a adquisición de coñecementos. Diversos proxectos e probas que se están realizando en España, como o Proxecto ABALAR en Galicia, axudan a perfilar a profundidade do cambio que supón o salto a unha escola que aposte polo uso cotiá da tecnoloxía do século XXI. É un cambio que levará o seu tempo e que aquí, como en moitos outros países, están explorando algúns centros.
O IES Ramón Mª Aller Ulloa está dentro do Proxecto ABALAR desde o curso 2010-2011 e na súa paxina web pode verse o Espazo TIC que dedica á relación entre as TIC e a docencia.
Na rede tamén podemos atopar moitas páxinas onde se poden atopar moitos recursos para as distintas materias:
- http://www.zonatic.org/recursos/: esta páxina é unha recopilación dos recursos educativos que hai dispersos pola rede,  clasificándoos por categorías como materias, nivel educativo , tipo de actividade, etc
- http://www.ite.educacion.es/: páxina do Instituto de Tecnoloxías Educativas do Ministerio de Educación, responsable da integración das TIC nas distintas etapas educativas non universitarias

No hay comentarios:

Publicar un comentario